O comercio camariñán, protagonista no spot de ‘MerCamariñas’, a nova central de venda online

A plataforma, que abrirá proximamente ao público, conta con 40 establecementos adheridos. Os primeiros 20 comercios xa están traballando na plataforma e aprendendo a xestionar as súas tendas. Todos aqueles comercios ou locais de hostalería que desexen adherirse aínda poden facelo mediante o formulario da web www.mercamarinas.com

As persoas que forman o comercio camariñán e que xa se adheriron á plataforma de venta en liña ‘MerCamariñas’ son as protagonistas do spot que acaba de ser publicado para promocionar esta iniciativa, que nace co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.

No vídeo poden verse ás persoas que forman parte dos 20 comercios que xa se adheriron a esta nova ferramenta e que xa están traballando na plataforma e aprendendo a xestionar as súas tendas co asesoramento da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o portal www.mercamarinas.com.

Está previsto que ‘MerCamariñas’ abra proximamente de cara ao público e xa conta con 40 establecementos adheridos. Todos aqueles que desexen formar parte da plataforma aínda poden facelo cubrindo o formulario que atoparán ao entrar na páxina web.

Nace ‘MerCamariñas’

Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e o goberno local anuncia que, logo desta primeira remesa, se ampliará este plan abrindo a posibilidade de participación para os locais de hostalaría. O portal estará xestionado tecnicamente pola empresa local WP Nordés e os comerciantes só se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo virtual a través das redes sociais.

Para poder levar a cabo estas tarefas o Concello de Camariñas proporcionou unha formación previa aos responsables de cada establecemento. Faise a través de sesións prácticas nas que se tratan temas como: a fotografía de produto de calidade mediante smartphone, edición fotográfica fácil, xestión da tenda virtual, como escribir para que Google coloque á tenda nos resultados de busca ou para estimular ao cliente a comprar e, ademais, tamén se asesorará na creación e xestión das redes sociais do negocio.

Etiquetas: spotVideo
Diego Alonso Freire

Diego Alonso Freire

Deja una Respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos se hace.

MerCamariñas