Comezan os titoriais presenciais ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’, a central de venda online para o comercio local

Mercamarinas Titoriais Presenciais

O Concello de Camariñas comezou esta semana a levar a cabo os titoriais presenciais ás tendas e empresas adheridas a ‘MerCamariñas’, a central de venta en liña que nace co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.

Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, están a visitar os establecementos participantes para ofrecer unha formación personalizada sobre o uso da plataforma. Unha das primeiras en recibir esta clase foi María Jesús, responsable da tenda de moda e complementos “O Rincón de Chus” que tivo a ocasión de aprender a subir os seus produtos ao novo espazo virtual do comercio camariñán.

Por outra banda, a próxima semana terá lugar unha reunión entre a concelleira de Comercio Lara Pasantes, os responsables da plataforma, e unha importante empresa de transportes que vai a ofrecerlles aos establecementos participantes un convenio de colaboración para realizar os envíos.

Lara Pasantes explicou que “neste mes de abril temos previsto que se faga pública a web para que os comercios poidan comezar a realizar as súas vendas na rede” e lembrou que “todos os que non puideron adherirse a MerCamariñas poden facelo agora xa que está aberta a terceira rolda”.

Diego Alonso Freire

Diego Alonso Freire

Deja una Respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos se hace.

MerCamariñas