A concelleira de Comercio do Concello de Camariñas, Lara Pasantes, fixo entrega dos 10 vales de 40 euros que se sortearon entre aquelas persoas que decidiron facer as súas compras de Nadal durante o mes de decembro na plataforma online ‘Mercamariñas’, o Amazon da Costa da Morte que conta xa con máis de 1.300 produtos subidos.
Así, por cada compra realizada nos establecementos adheridos a esta tenda en liña impulsada polo Concello entraron nun sorteo de 10 vales de 40 euros para gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio, contribuíndo a dinamizar estes dous sectores.
Entre os premiados atópanse clientes de toda a contorna (Muxía, Camariñas, Xaviña, Ponte do Porto, Cee) o que da idea da utilidade desta plataforma.