A plataforma de venda online do Concello de Camariñas, ‘Mercamariñas’, verá a luz o próximo luns, 11 de outubro, ás 11:30 horas nunha presentación oficial que se levará a cabo no pavillón da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
O pasado domingo, 3 de outubro, organizouse a última reunión coas tendas e empresas adheridas por parte da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, para perfilar e pechar os últimos detalles antes da apertura. Ademais, esta semana os participantes que o desexen poderán ter unha formación presencial sobre a plataforma. na aula de informática municipal.
Esta ferramenta nace co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.